mércores, 21 de febreiro de 2024

XOGAMOS NA CASA?

Iniciamos unha nova actividade, na que as nenas e nenos poderán levar, en servizo de préstamo, un xogo da clase para poder xogar en familia.

Aproveitaremos que os xoves levan a bolsa co conto para que leven, tamén, o xogo.

Son xogos sinxeliños aos que xa xogamos algunha vez na clase (non temos moitas fotos, porque sempre estamos moi entretidos!):



As normas para o seu emprego, son, máis ou menos como as do préstamo de contos:

- Hai que traer de volta o xogo para poder levar outro.
- Coidalos o mellor posible para que non se perda ningunha peza e, así, poidan desfrutalo en todas as casas.
- Cada bolsa, ademais do xogo, leva un caderno pequeniño no que se explican unhas normas sinxelas para xogar, pero, animámosvos a que inventedes outras normas e as compartades cos demais. Tamén podedes escribir se vos gustou, ou non.

Case todos os xogos son de contar, así que temos que empregar os números, moitos teñen dados (con puntos ou números), e, tamén, teñen unha recta númérica para axudar ás nenas e nenos a contar e buscar os números, por se aínda non os coñecen ben.

Esperamos que o pasades moi ben xogando na casa, e, sobre todo, que desfrutedes do tempo compartido, que é marabilloso!

Deixámosvos a lista dos xogos e o rexistro con imaxes (no que iremos marcando os xogos que levamos)

1. OS OLLOS DOS MONSTROS
2. O TREN DOS ANIMAIS
3. TANQUE DE PEIXES
4. PINGÜÍN
5. PELÓNS
6. CINQUILLO (1)
7. CINQUILLO (2)
8. RULETAS (1)
9. RULETAS (2)
10. DINOSAUROS
11. OS TRES PORQUIÑOS E O LOBO
12. ZE TOTANIMO
13. SITUACIÓN ESPACIAL (1)
14. SITUACIÓN ESPACIAL (2)
15. NUN PANAL DE RICA MEL...
16. GOMAS NOS DEDOS
17. PARELLAS DE DINOSAUROS
18. VAIA MONSTRO!
19. XOANIÑAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario