xoves, 21 de decembro de 2023

BO NADAL!!

 


ESTRELAS

Con pasta de modelar e uns moldes que nos prestou LALA, fixemos unhas estrelas.

Primeiro, aplastamos o noso trozo de masa,  logo co molde cortamos a forma, e listo!



Deixámolas secar e, esta semana, as pintamos con témperas e pinceis:













E, así de chulas quedaron:

AS NOSAS BOLSAS COS TRABALLOS DO 1° TRIMESTRE

 



Ademais, na entrada da clase, colocamos as nosas fotos en branco e negro, decorando unha sinxela árbore de Nadal:



mércores, 20 de decembro de 2023

OBRADOIRO PENSAMOS 2: POLO CAMIÑO, ATOPAMOS ANIMALIÑOS

Iniciamos este obradoiro cun conto repleto de animais. "POLO CAMIÑO" de Mariana Ruiz Jonhson, ed. Kalandraka. Trátase dun conto rimado e, tamén, musicado.


Comentamos cales son os diferentes animais que aparecen e escollemos cal é o noso animal preferido. Nun papel, cada nena/o debuxa e corea libremente o seu animal. Unha vez estiveron todos listos, decidimos, no taboleiro 7 x 9, onde colocar cada animal.

A continuación, cada nena/o vai decidindo ata que animal ten que ir BEEBOT e quen o ten que guiar.
 15-11-23

13-12-23

20-12-23

sábado, 16 de decembro de 2023

OS NOSOS ADORNOS PARA A ÁRBORE DO COLE

Estes son os adornos que trouxemos das casas para a árbore de Nadal do cole. Antes de sacar as fotos, cada nena/o tivo que explicar aos demais que era e como o fixo. Que ben se explicaron todas/os!!








venres, 15 de decembro de 2023

"O CACHOPO MÁXICO"

 Hoxe, despois do recreo, xuntámonos con todo o alumnado do cole na Aula de Usos Múltiples, para ver a obra "O CACHOPO MÁXICO" de LILA TEATRO.

Comentáronnos, a primeira hora da mañá que, posiblemente, non era unha obra adaptada para as nenas e nenos de 3 anos...

Por se non aguantábamos, aínda que nos puxemos diante, quedamos todas/os xuntiños non lado, pero, co ben que nos portamos fomos quen de aguantar e atender a toda a historia!






martes, 12 de decembro de 2023

MESTURAS

Hoxe, estivemos "coas mans na masa"!!

Mesturamos fariña de millo (Maizena) con acondicionador para o pelo:








Pasámolo xenial, pegábasenos ás mans, pero, tanto amasamos que, fomos capaces de obter unha masa coa que poderemos xogar estes días!!




Engadimos unha foto, xa que DAUDA e LÍA, non estaban o día que fixemos a mestura. Como nos quedaba un pouco de fariña e un pouco de acondicionador, dixémoslles se querían probar, e, calro, aceptaron!