mércores, 31 de xaneiro de 2024

OBRADOIRO PENSAMOS 3: FACEMOS CAMIÑOS PARA BEEBOT

Con depresores de cores e tarxetas, traballamos a situación espacial: tiñamos que colocar, tal e como aparece nas tarxetas, os diferentes elementos.

Logo, no taboleiro de 7 x 9, colocamos nunha casilla a casa de BEEBOT e noutra, bastante alonxada, unha flor. Entre todas/os fomos colocando depresores de madeira, formando un camiño para que BEEBOT chegara desde a casa ata a flor. Empregamos o taboleiro de base, xa que así nos axuda a colocar os paus e que, ao moverse, BEEBOT  vaia polo camiño correcto.
17-1-24

24-1-24

31-1-24

martes, 30 de xaneiro de 2024

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Aínda que temos moi claro que todos os días do ano teñen que ser días de PAZ, cando chega o 30 de xaneiro, tentamos, a nivel de centro, facer algunha actividade conmemorativa especial.

Nesta ocasión, organizamos dúas:

1). Tendo en conta o noso proxecto anual sobre o cine, organizamos unha actividade que baixo o título "CLAQUETAS POLA PAZ" presenta frases de películas con mensaxes marabillosas.

Na nosa clase, escollimos unha de "As aventuras de Winnie the Pooh"


Estivemos comentando esta frase:
Por que di eso Winnie?
Falamos de como se sente Winnie cando non ten nin unha gota de mel nos botes. Tamén falamos de como se sente cando si ten mel.De aí, aproveitamos para falar do que nos fai a nós estar contentos ou tristes.
Credes que cando temos/estamos cos amigos/amigas estamos alegres, pasámolo ben?

Logo, fomos á entrada do cole onde temos un mural no que colocamos a nosa frase xunto coas demais frases do alumnado do cole (fomos dos primeiros en ir colocar a frase, por iso so hai unhas pouquiñas, ao longo da mañá foros colocando as demais)


Aproveitamos para sacar outra foto, xa que non faltaba ninguén (como xa di algunha nena da clase: faltaban "cero patatero")


Que mellor forma de representar a nosa frase que nunha foto contentas/os de estar xunt@s!!

2). Despois do recreo, baixamos ao patio de herba para cantar todo o cole a canción "DE FESTA" de Uxía Lambona, coa profe de música, RITA.



venres, 26 de xaneiro de 2024

luns, 22 de xaneiro de 2024

O HOME DE NEVE

 

Escoitamos esta sinxela poesía de Gloria Fuertes e, logo de comentar o seu contido, tentamos representar ó home de neve a partir de dous círculos nunha cartolina escura:





mércores, 17 de xaneiro de 2024

PROXECTO: AS CASAS EN INVERNO

Arrincamos este segundo trimestre con moito frío, estamos en inverno.
(se pinchades na páxina do blog das cancións, atoparedes algunha que estamos aprendendo na clase)

Aproveitando que estamos no inverno e que hai un conto que nos encanta que é o dos "TRES PORQUIÑOS", decidimos traballar un pouquiño sobre estes temas.

Por iso, pedímosvos colaboración ás familias:
- Gustaríanos ver na clase unha foto da casa de cada nena/o
- Se tedes algún conto, xogo,..., ou calquera cousiña relacionada con estes temas, podedes prestárnolo/a para ter na clase uns días (tentaremos coidalos o mellor posible e devolvelos en boas condicións).

E, xa desde onte foron chegando diferentes materiais. Cada nena/o presenta o seu material ao resto do alumnado, e, facemos unha foto para saber que trouxo cada quen, así nos serve de rexistro:












Xa tivemos algún ratiño para xogar con todo e teremos mooooitos máis!!