martes, 31 de outubro de 2023

CABAZAS E OUTRAS COUSAS...

Entre onte e hoxe, chegaron ao cole un montón de cabazas. Entre elas as da nosa clase. Aquí vos deixamos as fotos para que as poidades admirar. Non nos cansamos de dicir que temos unhas familias moi artistas!!












Ademais, estivemos xogando ás adiviñas: ao principio, as primeiras, costábannos un pouco, pero logo xa íamos acertando!


Logo, por parellas, escollimos que personaxe (dos das adiviñas) queríamos pintar e, pintamos no chan:







Así quedaron:



luns, 30 de outubro de 2023

MOCHILA VIAXEIRA

Xa case está todo preparado para que a MOCHILA VIAXEIRA comece a súa viaxe por todas as vosas casas.

O préstamo será, como no caso dos libros que xa comezaron a levar, de xoves a xoves. A/o nena/o ao que lle toque levar a mochila, esa semana non levará conto.

Na mochila, ademais dos libros, hai un caderno de viaxe. Neste caderno, cada familia poderá escribir, dibuxar, pegar,... o que considere, para explicarnos aos demais como foi a súa experiencia coa mochila (por exemplo, que foi o que máis lle gustou ou non, ou calquera outro comentario que queira compartir).

Esperamos que desfrutedes en familia da mochila, e, de ser posible, despois de visitar todas as casas, voltará facer a viaxe con novos contidos.



luns, 16 de outubro de 2023

OBRADOIROS 23-24

 Esta semana, concretamente o mércores 18, temos previsto comezar cos OBRADOIROS deste curso. En vez de catro, como en cursos anteriores, imos ter só tres...

En principio, plantexamos a realización de 6 Obradoiros, 2 por trimestre (as datas previstas, aparecen na seguinte imaxe).

En cada sesión, ao rematar, pegamos no caderno unha imaxe, debuxamos algo sobre o traballado e, ademais, deixamos rexistrado se nos gustou ou non.
Deixámosvos unha imaxe dos nosos cadernos. As portadas teñen, cada unha, un debuxo que fixemos con témperas de barra. Quedaron chulísimas!!

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, abriu as súas portas a BIBLIOTECA ESCOLAR e, aproveitamos para visitala por primeira vez!








Ademais, participamos nunha actividade organizada desde a Biblioteca. Como o noso proxecto de centro, este curso, é o "CINE", cada curso de Primaria tiña que buscar na biblioteca un libro que ten a súa adaptación cinematográfica para unha sinxela actividade que se leva a cabo estes días.

No caso de Infantil, decidimos adaptar un libro de adiviñas da nosa biblio (ao galego) para achegarnos un pouquiño a obras infantiles que podemos atopar, tamén, en películas.


Escoitamos con atención as adiviñas e, recoñecimos un conto que, aínda que aparece un lobo nel, gústanos moito!!: "OS TRES PORQUIÑOS"

xoves, 12 de outubro de 2023

OS NOSOS NOMES

A semana pasada, preparamos estes botes:

As tapas, por fóra teñen os nosos nomes e por dentro a nosa foto.


No interior, cada bote ten as pezas de madeira coas letras necesarias para compoñer o nome

mércores, 11 de outubro de 2023

UNHA CANCIÓN EN PORTUGUÉS

 Hoxe, despois do recreo, as nenas e nenos da clase de 6º EI (5 anos), cantáronnos unha canción en portugués!! 

Que ben o fixeron!!

Atopamos esta versión, un pouquiño máis longa, que tamén nos gusta moito!!

martes, 10 de outubro de 2023

A NOSA BANDEXA DE EXPERIENCIAS

A semana pasada, apareceu así:


E, hoxe, despois de ter tinguido os garavanzos...


Así que, logo o pasamos moi ben!!



luns, 9 de outubro de 2023

HORA DE LER CON MIKA

Os luns, na HORA DE LER (despois do recreo) temos o noso ratiño para estar con MIKA, a nosa auxiliar de conversa. Nesta sesión estamos co alumnado da clase de LALA (5º EI). Hoxe, primeiro día destas sesións, aproveitando o bon tempo, pedímoslle a MIKA que nos contara o conto no patio. Aceptou encantada, así que, buscamos un sitio á sombra e alí desfrutamos do conto que traía: "ANIMALS"