mércores, 20 de marzo de 2024

A ÁRBORE DE SALOMÉ

Ao final do curso pasado, xubilouse unha mestra de Infantil no noso cole. Chámase SALOMÉ e, cando marchou, regalounos unha árbore: un CASTIÑEIRO.

O último Obradoiro de LALA, tivo como protagonista esta árbore e as plantas que plantaron nos zapatos que vos pedimos. Despois de ter pasado todas as nenas e nenos de Infantil por ese Obradoiro só quedaba plantar o castiñeiro.

O alumnado de 6º EI (5 anos) chamou por teléfono a Salomé para invitala á plantación, e, hoxe, despois do recreo, fomos seguindo un camiño de zapatos...









A ÁRBORE DE SALOMÉ

A árbore que plantamos, está con nós aquí,
ten raices, ten tronco,
e móvese así!

A árbore que plantamos, está con nós aquí,
ten raices, ten tronco,
ten ramas, ten follas,
e móvese así!

A árbore que plantamos, está con nós aquí,
ten raices, ten tronco,
ten ramas, ten follas,
ten ourizos e castañas,
que podes comer tí!

domingo, 17 de marzo de 2024

IMOS DE EXCURSIÓN!!

Este é o terceiro curso que realizamos esta excursión, á que xa lle puxemos de nome: "EXCURSIÓN TRIPLE".

Imos todo o alumnado de Educación Infantil, é, aínda que compartimos autobús, imos a lugares diferentes:

4º EI (3 anos): Cooperativa Campo Capela, en Capela, onde nos ensinarán como fan o queixo.



5º EI (4 anos): AMCR (Asociación de Mulleres Cabanas Rural), Lavandeira, onde lles explicarán o proceso da FÍA DA LÁ


6º EI (5 anos): Casa do MEL, Goente, As Pontes, onde poderán coñecer o traballo destes insectos tan importantes e os productos que nos proporcionan.

Este é o percorrido do autobús:


Sairemos do cole sobre as 9:45 e voltaremos, case, á hora de comer. 
Xa vos contaremos...

xoves, 14 de marzo de 2024

PRIMEIRO CUMPLE DE 2024!!

Levábamos, desde que comezou o mes de marzo, contando cantos días faltaban para que fora o cumple de EUME, e xa foi hoxe!

Preparamos unha sinxeliña coroa  de cor laranxa na que cada compi lle colocou unha pegatina.

Logo, cantámoslle o "Happy birthday to you!" acompañados por uns astronautas (EUME sempre nos di que cando sexa maior vai ser astronauta!!)

E, logo,tocou sacar unha foto:


MOITOS PARABÉNS!!


mércores, 6 de marzo de 2024

OBRADOIRO PENSAMOS 4: AS CORES DE ELMER

A partir deste marabilloso conto de David McKee, traballamos a disposición espacial. Cada nena/o ía colocando unha das cores de ELMER no chan. Hai que estar moi atento/a para non equivocarse e coocar o cadro de cor no lugar correspondente. Un traballo en equipo que resultou xenial!!
21-2-24

28-2-24

6-3-24

martes, 5 de marzo de 2024

VAN CHEGANDO MATERIAIS SOBRE AS VAQUIÑAS...

Xa sabedes que nos gusta sacar fotos do que vai traendo o alumnado á clase (así, tamén, temos claro que cousiñas son de cada quen)














Ademais, temos outros libros da Bibliteca do cole:


E, así foi quedando a nosa bandexa, preparada para que as vaquiñas poidan pastar!


Ao volver de Educación Física, xa estivemos desfrutando de todos estes materiais: