mércores, 24 de abril de 2024

OBRADOIRO PENSAMOS 5: DEBUXAMOS CON BEEBOT

Logo de ver un vídeo, no que varios BEEBOT son quen de debuxar con rotuladores, propoñemos facer nós un debuxo coa axuda de BEEBOT.
Para iso, e para facilitar a colocación do rotulador, empregamos unha peza de construcción, tipo remolque, que podemos enganchar no BEEBOT e no que podemos colocar un rotulador sen que se mova nin caia.
Probamos a ver que debuxa dependendo de o botón que pulsamos. Así, se pulsamos adiante ou atrás, fai liñas rectas, e se pulsamos nos xiros fai liñas curvas...

Cada nena/o, por turnos, escolle a cor coa que quere que debuxe BEEBOT e dálle as ordes que quere, polo que imos facendo un debuxo moi orixinal.

Cando rematamos, libremente, pintamos o debuxo resultante. Unhas obras de arte!!
10-4-24

17-4-24

24-4-24

martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024: APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe, na Hora de Ler, para conmemorar o DÍA DO LIBRO, dende o equipo da Bilioteca Escolar, organizouse unha actividade que xa fixemos moitas veces e dende hai mooooitos anos no noso cole:

APADRIÑAMENTOS LECTORES


O alumnado dos cursos superiores de Primaria son padriños/madriñas dos nenos e nenas máis pequenos:









luns, 22 de abril de 2024

SEMENTES

Temos na clase sementes varias:



Estivemos falando do que precisamos para que medre unha pranta: terra, auga, semente.

Así que, imos ver se conseguimos que xerminen unhas sementes. Imos probar coas de CABAZA
De momento, só precisamos: as sementes, auga e papel:
As primeiras colocámolas nunha bolsa con papel húmedo e pegámola na ventana:


Despois, preparamos uns botes para que cada nena/o teña as súas sementes:









Así quedaron:



A partir de agora, tócanos coidalas!
Xa vos iremos contando...

23-4-24:
Dende hoxe, temos na clase un bote pulverizador para humedecer as nosas sementes, así podemos controlar a cantidade de auga que lle botamos:



venres, 19 de abril de 2024

UN PASEO POLO COLE

 Hoxe, despois da clase de inglés, aproveitando que temos un tempo tan chulo, fixemos unha "excursión" polo exterior do cole.

Pasamos polo invernadoiro:


Logo, baixamos e bordeamos todo o campo para ir ata o patio Diego:


Alí, vimos que nos están repintando os xogos que había (grazas á ANPA O Castiñeiro e a todas/os os/as colaboradores)





Despois, cruzamos por dentro do pavillón,imaxinando que atravesábamos o océano...para chegar ao noso patio:


Metímonos na cabana de vimbio que está moi chula!



E, para rematar, no patio do tobogán, atopamos outra mariola para xogar á chapa:


Repetiremos esta "excursión" outro día. Gustounos moito!!

xoves, 18 de abril de 2024

AGUACATE

Hoxe, tivemos un aguacate na clase (onte, vimos un óso e algúns/algunhas non sabían que era).
Tocámolo para sentir como é, un pouco rugoso:
 



Mirámolo e describimos as súas cores, primeiro por fora e logo por dentro, e a súa forma ( parécese a unha pera):




E, para rematar, probámolo: