mércores, 29 de novembro de 2023

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O pasado martes, 21 de novembro, veu á nosa escola SOLE FELLOZA para contarnos "AS TRES BOLBORETAS".
Ao longo da semana, nas aulas estivemos traballando sobre este tema e cada nena/o preparou unha bolboreta para colocar na entrada.
Así quedou o noso mural:

luns, 20 de novembro de 2023

O CAQUI E OS CAQUIS

Hoxe, como exemplo das cores do outono, vimos a foto dunha árbora: O CAQUI

E, o que son as casualidades, na merenda, a froita que había hoxe era... o CAQUI!!

venres, 17 de novembro de 2023

ALGÚNS FROITOS DE OUTONO

Entre moitas follas, tamén viñeron algúns froitos: castañas, noces, landras,... E, tamén, algúns carnosos (entre eles un kiwi, vímolo e falamos del pero, logo, retirámolo da clase por cuestión de alerxias)

Xogamos a adiviñar como son por dentro...


Aprendimos, tamén, os seus nomes (algún moi coñecido e outros non tanto!):

FEIXOA, GRANADA, MAZÁ, TAMARILLO

Para rematar as/os que quixeron os probaron.

xoves, 16 de novembro de 2023

XOGOS NAS MESAS

Ademais do xogo libre, ás veces, organizamos xogos por mesa, nos que imos facendo rotar os xogos para que todos/as os empreguen:

Nesta ocasión, os xogos foron:

1. Cosidos

2. Ensartes de figuras e gomas

3. Animais da granxa de goma de cores









luns, 13 de novembro de 2023

COUSIÑAS DO OUTONO

Chegan cousiñas do OUTONO á nosa clase.
Onte, parece que a chuvia deu un respiro para que poidérades sair a pasear e desfrutar deste outono e das súas cores...






Recordamos cales eran as cores que máis viramos nas paisaxes de outono e, comprobamos que había follas de todas esas cores: verde, amarelo, marrón, vermello e laranxa.

Estivemos debullando as mazarocas de millo: ao principio, costábanos moito, pero logo xa ía sendo máis doado!




Tamén, decoramos unhas follas con papeis de seda:



Así de chulas quedaron pegadas nas nosas ventás:

venres, 10 de novembro de 2023

MAGOSTO NO ELADIA MARIÑO

A principios desta semana, todas as nenas e nenos do cole, decoramos un peón ou unha peonza para intercambiar co alumnado do cole de A Capela.

Hoxe, chegaron as nosas clases, as peonzas para nós:


Para repartilas, metímolas nunha caixa cunha apertura para poder meter unha man... E, estas foron as que collimos:








Logo, baixamos ao pavillón, levando os nosos porta-castañas:



Que ben acompañados/as estivemos, por todas as familias!!


Despois de papar as castañas, tocaba escoitar o concerto de CHUCHES AMIL:


Unha mañá ben completa!!