venres, 29 de setembro de 2023

PRÉSTAMO SEMANAL DE LIBROS

Estivemos preparando unhas bolsas de tea, para poder levar, cada semana, un conto da biblioteca do cole para ler na casa:

.
Neste primeiro trimestre, escollerémolos de entre un lote de libros que temos na clase. Por iso, teremos preparadas unhas follas de rexistro nas que aparecen as fotos das portadas dos libros e cada nena/o terá que marcar cunha pegatina os libros que vaia levando, así, permitimos que poidan facer, autónomamente, o rexistro. 

Neste curso, na nosa clase, o préstamo ímolo facer os XOVES, así que, antes dese día ten que estar devolto o conto da semana anterior, para poder levar un novo.

Ao final do trimestre, poderán levar este documento de rexistro para casa, como recordo dos libros lidos.
Cada trimestre iremos cambiando o lote de contos.

Esperamos que desfrutedes desta actividade en familia!

venres, 22 de setembro de 2023

"ENTES ANIMADOS"

Hoxe, na entrada do cole, despois do recreo, tivemos unha representación de títeres


Quedámonos cerquiña da porta da nosa clase, por se se nos facía mooooooi longo, pero, a verdade é que aguantamos moi ben.


Ata aquí a nosa primeira semana con horario completo, superada con moi boa nota: imos formar unha pandilla marabillosa!!

venres, 15 de setembro de 2023

IMOS COÑECENDO A OUTROS MESTRES E MESTRAS DO COLE

 Ao longo da semana, foron achegándose a clase algúns dos mestres/as que nos van dar clase:

- Iván: Educación Física e Atención Educativa

- Sandra: Relixión

- Nati: Obradoiro Creamos

- Lala: Obradoiro Exploramos

- Marián: Educación Musical

- Natalia: Inglés

Aínda nos falta algunha máis que iremos coñecendo en próximos días.

Deixámosvos unha imaxe do noso primeiro día co Natalia:

martes, 12 de setembro de 2023

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS...

Comezamos o curso, así que, aínda que estivemos pouquiño tempo, mostrámosvos unhas fotos do entretidos/as que estivemos nestes primeiros días:

LUNS 11:













MARTES 12:













MÉRCORES 13:








luns, 4 de setembro de 2023

IMOS COMEZANDO...

Estes primeiros días do mes de setembro, son días de moito traballo: preparar a aula, reunións coas familias e, sobre todo, tentar que todo estea en orde para recibir aos protagonistas: as nenas e nenos.