venres, 23 de febreiro de 2024

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA, por ser o día do seu nacemento.

No cole, organizamos unhas sinxelas actividades para o día de hoxe: unha é a de decorar entre todo o alumnado do centro, as fiestras da escaleira que sube ao piso superior, detrás do ascensor. Nós pintamos pensamentos, a flor preferida de Rosalía, con témperas de barra en acetatos:




Logo, fomos colocalas nos cristais:





Na clase estivemos a falar sobre ela e, ademais, escoitamos, e case aprendimos, a canción do MOUCHO, que moito nos gusta!


Decoramos con papeliños, que cortamos cos dedos, unha lámina co seu debuxo. Quedounos, así de ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario