Presentamos os insectos protagonistas do conto: "A VIAXE DAS BOLBORETAS" de PAULA CARBONELL, da editorial OQO.
Falamos de: xoaniñas, vermes, grilos, formigas, pulgas, eirugas e cadelas de fraile, das súas semellanzas e diferenzas...
Cun taboleiro dos máis pequenos, xogamos con BEEBOT desplazándoo dun insecto a outro. Para iso, cada nena/o escollía o insecto ao que tiña que guiar o seu compañeiro ou compañeira.
Ademais, no chan, con pezas de cores imantadas, creamos as ás dunha bolboreta, tendo en conta que debían ser simétricas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario