martes, 9 de abril de 2024

IMAXES E MOVEMENTO

 Observamos unhas fotos:

E, iniciamos unha conversación sobre o que víamos: 
- "Hai cabalos"
- "Son diferentes?"
- "Non, é o mesmo"
- "Son todas as fotos iguais?"
- "Non, está movéndose"

Fixámonos nas patas do cabalo, nunha foto están tocando o chan e noutras non.
Poderíamos nós non tocar o chan?

Así que, gravamos uns vídeos moi curtiños nos que cada nena/o tiña que saltar. Logo, os vimos na pantalla e puidemos ver que nun momento estabamos cos pés sen tocar o chan!








Que ben o pasamos e como nos gustou!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario