mércores, 20 de marzo de 2024

A ÁRBORE DE SALOMÉ

Ao final do curso pasado, xubilouse unha mestra de Infantil no noso cole. Chámase SALOMÉ e, cando marchou, regalounos unha árbore: un CASTIÑEIRO.

O último Obradoiro de LALA, tivo como protagonista esta árbore e as plantas que plantaron nos zapatos que vos pedimos. Despois de ter pasado todas as nenas e nenos de Infantil por ese Obradoiro só quedaba plantar o castiñeiro.

O alumnado de 6º EI (5 anos) chamou por teléfono a Salomé para invitala á plantación, e, hoxe, despois do recreo, fomos seguindo un camiño de zapatos...









A ÁRBORE DE SALOMÉ

A árbore que plantamos, está con nós aquí,
ten raices, ten tronco,
e móvese así!

A árbore que plantamos, está con nós aquí,
ten raices, ten tronco,
ten ramas, ten follas,
e móvese así!

A árbore que plantamos, está con nós aquí,
ten raices, ten tronco,
ten ramas, ten follas,
ten ourizos e castañas,
que podes comer tí!

Ningún comentario:

Publicar un comentario