martes, 30 de xaneiro de 2024

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Aínda que temos moi claro que todos os días do ano teñen que ser días de PAZ, cando chega o 30 de xaneiro, tentamos, a nivel de centro, facer algunha actividade conmemorativa especial.

Nesta ocasión, organizamos dúas:

1). Tendo en conta o noso proxecto anual sobre o cine, organizamos unha actividade que baixo o título "CLAQUETAS POLA PAZ" presenta frases de películas con mensaxes marabillosas.

Na nosa clase, escollimos unha de "As aventuras de Winnie the Pooh"


Estivemos comentando esta frase:
Por que di eso Winnie?
Falamos de como se sente Winnie cando non ten nin unha gota de mel nos botes. Tamén falamos de como se sente cando si ten mel.De aí, aproveitamos para falar do que nos fai a nós estar contentos ou tristes.
Credes que cando temos/estamos cos amigos/amigas estamos alegres, pasámolo ben?

Logo, fomos á entrada do cole onde temos un mural no que colocamos a nosa frase xunto coas demais frases do alumnado do cole (fomos dos primeiros en ir colocar a frase, por iso so hai unhas pouquiñas, ao longo da mañá foros colocando as demais)


Aproveitamos para sacar outra foto, xa que non faltaba ninguén (como xa di algunha nena da clase: faltaban "cero patatero")


Que mellor forma de representar a nosa frase que nunha foto contentas/os de estar xunt@s!!

2). Despois do recreo, baixamos ao patio de herba para cantar todo o cole a canción "DE FESTA" de Uxía Lambona, coa profe de música, RITA.



Ningún comentario:

Publicar un comentario