luns, 13 de novembro de 2023

COUSIÑAS DO OUTONO

Chegan cousiñas do OUTONO á nosa clase.
Onte, parece que a chuvia deu un respiro para que poidérades sair a pasear e desfrutar deste outono e das súas cores...






Recordamos cales eran as cores que máis viramos nas paisaxes de outono e, comprobamos que había follas de todas esas cores: verde, amarelo, marrón, vermello e laranxa.

Estivemos debullando as mazarocas de millo: ao principio, costábanos moito, pero logo xa ía sendo máis doado!




Tamén, decoramos unhas follas con papeis de seda:



Así de chulas quedaron pegadas nas nosas ventás:

Ningún comentario:

Publicar un comentario