venres, 29 de setembro de 2023

PRÉSTAMO SEMANAL DE LIBROS

Estivemos preparando unhas bolsas de tea, para poder levar, cada semana, un conto da biblioteca do cole para ler na casa:

.
Neste primeiro trimestre, escollerémolos de entre un lote de libros que temos na clase. Por iso, teremos preparadas unhas follas de rexistro nas que aparecen as fotos das portadas dos libros e cada nena/o terá que marcar cunha pegatina os libros que vaia levando, así, permitimos que poidan facer, autónomamente, o rexistro. 

Neste curso, na nosa clase, o préstamo ímolo facer os XOVES, así que, antes dese día ten que estar devolto o conto da semana anterior, para poder levar un novo.

Ao final do trimestre, poderán levar este documento de rexistro para casa, como recordo dos libros lidos.
Cada trimestre iremos cambiando o lote de contos.

Esperamos que desfrutedes desta actividade en familia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario